Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (425/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 26 de setembro de 2011.

En virtude do poder conferido pola Constitución e en nome do rei.

Amelia María Cortizo Moure, maxistrada xuíza substituta que serve no Xulgado do Social número 3 desta cidade, ditou esta resolución no procedemento ordinario número 425/2011 que versa sobre reclamación de cantidade entre partes:

Demandante: Rodrigo Muñiz Rivadulla, representado polo letrado Sr. Nouche Ferreira.

Demandado: a entidade Mayte Rial Muebles, S.L., que non comparece.

Serven de base a esta a resultancia fáctica con particular reflexo da premisa relevante, para os efectos decisorios, e fundamentación xurídica que se vai desenvolver por continuación e conforme a orde que segue:

Decido que, con estimación da demanda presentada por Rodrigo Muñiz Rivadulla fronte á empresa Mayte Rial Muebles, S.L., debo condenar e condeno a esta entidade a que faga efectiva ao citado demandante a cantidade de 3.033,45 euros, polos conceptos expresados na demanda.

A devandita cantidade verase incrementada nunha recarga do 10% por demora.

Advírtolles ás partes que:

– Contra esta sentenza poden anunciar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por conduto deste Xulgado do Social número 3, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza.

– Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.

– No caso de que quen pretendera interpor recurso non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, no momento de anunciar o recurso e no prazo de cinco días sinalado, consignar a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista na clave de expediente 5076 0000 65 0525 11; e que no momento de formalizar o recurso de suplicación, deberá xuntar xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade de 150 euros, na conta deste órgano xudicial, expediente 5076 0000 34 0425 11, aberta no Banco Español de Crédito, co número 0030-1846-42-0005001274, debendo facer constar no campo observacións a indicación de depósito para a interposición de recurso de suplicación.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial