Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4302/2010, interposto contra a Resolución do 16 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen medidas técnicas xerais para a implantación e a operatividade dos plans de transporte metropolitanos de Galicia e as concesións afectadas (primeira fase e segunda fase).

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección 2.ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número P.O. 4302/2010, interposto pola Asociación Provincial de Servizos Discrecionais de Transporte de Viaxeiros, Transgacar e Fegabus contra a Resolución do 16 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen medidas técnicas xerais para a implantación e a operatividade dos plans de transporte metropolitanos de Galicia e as concesións afectadas (primeira fase e segunda fase), esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que se poidan presentar como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas