Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 7688/2010 e 7676/2010 contra a Resolución do 16 de xullo de 2010, desta consellería, pola que se acorda a aprobación definitiva do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios referente ao predio N.51-AR e predio 52, respectivamente, para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do novo hospital de Vigo, no concello de Vigo.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 7688/2010, interposto por Asunción Pereira López, e P.O. 7676/2010, interposto por Panadería Cholo, S.L, contra a Resolución do 16 de xullo de 2010, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se acorda a aprobación definitiva do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios referente ao predio N.51-AR e predio 52, respectivamente, para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do novo hospital de Vigo, no concello de Vigo (Pontevedra).

Para os efectos de cumprir co solicitado no dito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Terceira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o día 15 de marzo de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que se poidan presentar como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas