Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4524/2011 contra a Resolución desta consellería, do 16 de setembro de 2011, pola que se aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boborás (Ourense).

Nesta secretaría xeral técnica recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número P.O. 4524/2011 interposto por Eva Pardo González, José Benito González Trigas, Alberto Otero Carneiro, José Alonso Vázquez contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 16.9.2011 pola que se aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boborás (Ourense).

Para os efectos de cumprir o solicitado no dito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data 23 de marzo de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que se poidan presentar como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas