Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15005

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (3721/2011).

Procedemento: verbal desafiuzamento por falta de pagamento 3721/2011.

Sobre verbal arrendaticio.

De: Jesusa Olmo Gallego.

Procuradora: María Luisa López Vizcaíno.

Contra: Alfredo Jiménez Jiménez, María Victoria Echevarría Rodríguez.

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Sarria, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Jesusa Olmo Gallego fronte a Alfredo Jiménez Jiménez e María Victoria Echevarría Rodríguez ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza n.º 31.

Sarria, 9 de marzo de 2012.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Sarria (Lugo), os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento 3721/11, seguidos por instancia de Jesusa Olmo Gallego, representada pola procuradora Sra. López Vizcaíno, baixo a dirección letrada do Sr. Navia Yebra, contra Alfredo Jiménez Jiménez e María Victoria Echevarría Rodríguez, en situación de rebeldía.

Decisión.

Que estimando integramente a demanda presentada por Jesusa Olmo Gallego, representada pola procuradora Sra. López Vizcaíno, baixo a dirección letrada do Sr. Navia Yebra, contra Alfredo Jiménez Jiménez e María Victoria Echevarría Rodríguez, ambos os dous en situación de rebeldía, declaro que procede a resolución do contrato de arrendamento de vivenda sita na rúa Padre Severino Vega Cid n.º 11-1.º esquerda desta vila de Sarria, subscrito entre as partes e declaro que procede o desafiuzamento por falta de pagamento da renda da citada vivenda, sobre a base do cal condeno os demandados a deixar o citado inmoble libre e á enteira disposición da parte demandante, co apercibimento de que, de non o facer así, se fará efectivo o lanzamento no día e hora sinalados; procede, así mesmo, condenar os demandados ao pagamento á demandante da cantidade de novecentos euros (900 euros), en concepto de rendas impagadas, así como daqueloutras que se percibisen durante a substanciación do procedemento ata o efectivo desaloxo dos demandados, con aplicación dos xuros legais desde a data da demanda, e con expresa imposición de custas á demandada.

Expídase testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, quedando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíqueselles esta ás partes coa advertencia de que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interporse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte á súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, a pronuncio, mando e asino».

E encontrándose os ditos demandados, Alfredo Jiménez Jiménez e María Victoria Echevarría Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Sarria, 12 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial