Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (983/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 983/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Gómez Vázquez contra a empresa Lofi, C.B., Josefa Castro García e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que estimo a demanda interposta por María Jesús Gómez Vázquez, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante con data do 31 de outubro de 2011, e condeno as demandadas Lofi, C.B., da que é comuneira Josefa Castro García a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade de 1.540,50 euros e, en todo caso, a aboarlle á traballadora os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, en contía de 31,60 euros diarios. Deberá pór en coñecemento do xulgado no prazo antedito, se opta ou non pola readmisión. Impóñenselle as custas procesuais á demandada.

Procede a absolución do Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter nos casos legalmente previstos».

E para que lle sirva de notificación en forma a Lofi, C.B. e Josefa Castro García, expido e asino este edicto.

Lugo, 2 de abril de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado