Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15003

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1774/2009).

Carlota Fernández Ambros, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 2 da Coruña, polo presente, anuncio:

No procedemento de xuízo ordinario 1774/2009 L seguido por instancia de Banco Santander, S.A. fronte a Luis Miguel Martínez Galindo ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza: 151/2011.

Procedemento: xuízo ordinario 1774/2009 L.

Sentenza.

A Coruña, 19 de xullo de 2011.

Vistos por M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario n.º 1774/2009, seguidos en virtude de demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco Santander, S.A., baixo a dirección letrada de Jorge Castro Díaz, contra Luis Miguel Martínez Galindo, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decisión debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco de Santander, S.A., contra Luis Miguel Martínez Galindo, en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno o demandado a aboarlle á demandante a cantidade de 12.622,18 euros de principal, máis os xuros de demora pactados ao tipo do 18%, e percibidos desde o 2 de outubro de 2008 ata o seu completo pagamento.

Todo iso con imposición ao demandado das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de apelación, que deberá prepararse no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, e deberán acreditar ter consignado o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da LO 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a LO 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Así o acordo, mando e asino, M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 2 da Coruña.

E encontrándose o dito demandado, Luis Miguel Martínez Galindo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial