Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15000

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (323/2009).

Neste procedemento seguido por instancia de Óscar Pisón Fernández, César Pisón Fernández, Irene Pisón Fernández, Fátima da Silva Ribeiro, Marcelino Curras Domínguez fronte a José Piñeiro Orosa, Francisco Álvarez Prol, Pedro Marcelino Álvarez Prol, María del Carmen Pintado García, Antonio Ángel Pintado García, Jesús Freire Pichín, José Pérez Lorenzo, Rodolfo Martínez Montenegro, José Martínez Martínez, Apolinar Martínez Rodríguez, Carlos González Sánchez, José Manuel González Sánchez, María Victoria González Sánchez, Comunidad de Carmelitas Descalzas de la Provincia de Castilla La Vieja, Carmen Pico Lozoya, Javier Rogelio Ferrín Iglesias, María Jesús Ferrín Iglesias, Eduardo Ferrín Iglesias, Antonio Silveira Pérez, Manuel Álvarez Calzón, Trinidad Baloiras Fuentes, Fernando Javier Gutiérrez Hernández, herdeiros de Lino Laso, herdeiros de Carmen Gómez Fernández, Miguel Rodríguez Rios, herdeiros de Fernando Javier Gutiérrez Hernández, Enrique Canosa Caridad, Santiago Souto Casal, herdeiros de Luis Gaspar Varela, Purificación Rodríguez Lamas, Mari del Carmen Charlín Paz, José Daniel Álvarez Prieto, herdeiros de Manuel Barreiro Romero, María Salud González Navarro, José Antonio Martínez González, Carlos Martín González, Miguel Martín González, Ana María Peira Pardal, María América López Rodríguez, Ramón Rivero Pérez, Eugenio Cantano Redondo, Estrella Boyano Gómez, Rafael Portela Arzúa, herdeiros de Fernando Juan Duque, herdeiros de Jesús Fernández Pérez, Agustín López Cao, Jesús Santiago Iglesias Pedrido, José Luis Santorum Santorum, Elena Guinea González, Construcciones Deresur, Pilar Sánchez-Galiano Aguilar, María Isabel Sánchez-Galiano Aguilar, María Sánchez-Galiano Aguilar, Adalua, María Mercedes Sánchez-Galiano Aguilar, Urbanizadora A Nosa Terra, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«A Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Antonio-J. Gutiérrez R.-Moldes, presidente, Jaime Esain Manresa e Francisco-Javier Romero Costas, pronunciou, en nome do Rei, a seguinte:

Sentenza número 138/2011.

En Pontevedra o trinta de marzo de dous mil once.

Visto o recurso de apelación contra a sentenza recaída nos autos de xuízo de procedemento ordinario número 219/01, seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados (peza de sala número 323/09) en que son partes como apelantes Óscar Pisón Fernández, César Pisón Fernández, Irene Pisón Fernández e Fátima da Silva Ribeiro, que compareceron nesta instancia representados pola procuradora Lourdes Martínez Cabrera, formulándose oposición e impugnación a este por Enrique Canosa Caridad, que compareceu nesta instancia representado polo procurador José Portela Leirós; e como apelados Jesús Santiago Iglesias Pedrido, Francisco Álvarez Prol, Pedro Marcelino Álvarez Prol, Rafael Portela Arzúa, José Piñeiro Orosa, Jesús Freire Pichín, Antonio Ángel Pintado García, María del Carmen Pintado García, Eduardo Ferrín Iglesias, Javier Rogelio Ferrín Iglesias, María Jesús Ferrín Iglesias, María Pilar Ferrín Iglesias, Pilar Sánchez-Galiano Aguilar, María Isabel Sánchez-Galiano Aguilar, María Mercedes Sánchez-Galiano Aguilar, Adalua, S.L., que compareceron nesta instancia representados pola procuradora María del Amor Angulo Gascón; Construcciones Deresur, S.L., que compareceu nesta instancia representada pola procuradora Sandra del Río Fernández; Trinidad Baloiras Fuentes, que compareceu nesta instancia representada pola procuradora Carmen Torres Álvarez; Urbanización A Nosa Terra, S.A., que compareceu nesta instancia representada polo procurador José Portela Leirós, Agustín López Cao, José Luis Santorum Santorum, Miguel Rodríguez Rios, Ana María Pereira Pardal, Ramón Rivero Pérez, Eugenio Cantano Redondo, Estrella Boyano Gómez, José Pérez Lorenzo, Rodolfo Martínez Montenegro, María del Carmen Charlín Paz, Elena Guinea González, María Salud González Navarro, José Antonio Martínez González, Carlos Martín González, Miguel Martín González, Santiago Souto Casal, José Martínez Martínez, José Manuel González Sánchez, Carlos González Sánchez, María Victoria González Sánchez, Fernando Javier Gutiérrez Hernández, Comunidad de Carmelitas Descalzas de la Provincia de Castilla La Vieja, Carmen Pico Lozoya, María América López Rodríguez, Antonio Silveira Pérez, Apolinar Martínez Rodríguez, Ana María Pereira Pardal, herdeiros de Lino Laso, herdeiros de Carmen Gómez Fernández, herdeiros de Fernando Javier Gutiérrez Hernández, herdeiros de Luis Gaspar Varela, herdeiros de Manuel Barreiro Romero, herdeiros de Fernando Juan Duque, herdeiros de Jesús Fernández Pérez, Purificación Rodríguez Lamas, José Daniel Álvarez Prieto e Manuel Álvarez Calzón, sendo relator Antonio-J. Gutiérrez R.-Moldes.

(Seguen os feitos e os razoamentos xurídicos).

Decidimos que estimamos o recurso de apelación promovido pola representación de Óscar Pisón Fernández, César Pisón Fernández, Irene Pisón Fernández e Fátima da Silva Ribeiro, así como a impugnación formulada pola representación de Enrique Canosa Caridad e con revogación da sentenza apelada acordamos:

Primeiro. Desestimamos a demanda inicial interposta pola representación de José Piñeiro Arosa, Francisco Álvarez Prol, Pedro Marcelino Álvarez Prol, María del Carmen e Antonio-Ángel Pintado García e Jesús Freire Pichín e declaramos que non procede a acción de división de cousa común exercida.

Segundo. Estimamos a demanda reconvencional presentada pola representación de Enrique Canosa Caridad e declaramos que a parcela número 30 da Urbanización O Carreiro, descrita no feito sétimo da súa demanda, pertence á sociedade de gananciais de Enrique Canosa Caridad e María del Carmen Fernández Gómez, correspondéndolles tamén unha cota de participación de 1,035% no dominio dos espazos e elementos comúns do predio O Carreiro descrito no feito segundo.

Terceiro. Estimamos en parte a demanda reconvencional formulada pola representación de Óscar Pisón Fernández, César Pisón Fernández, Irene Pisón Fernández e Fátima da Silva Ribeiro e declaramos o dominio desta parte sobre a parcela número 50 de 975 m2 de superficie útil descrita e recoñecida graficamente na escritura de compravenda de 7 de xaneiro de 1977.

Cuarto. Non se fai expresa imposición de custas en ningunha das instancias.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas na forma establecida no artigo 248.4 da LOPX.

Firme esta resolución, expídase testemuño dela e remítase xunto cos autos ao xulgado de procedencia, tomándose as oportunas notas nos libros de rexistro desta sección.

Así, por esta nosa sentenza, da que se unirá certificación á peza de sala, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E encontrándose os apelados herdeiros de Luis Gaspar Varela de la Escalera, Purificación Rodríguez Lamas e Ana M. Pardal Pereira en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 16 de xuño de 2011.

O secretario xudicial