Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 14998

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3963/2008-CON-A).

Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 3963/2008-CON-A a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 831/2006 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidas polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Jesús Suárez Muíño, Construcciones Favicaso, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, con data do 29 de marzo de 2012, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que con desestimación do recurso formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza que con data do 20 de setembro de 2007 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, por instancia de Jesús Suárez Muíño e pola cal se acolleu a demanda formulada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da suá publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Construcciones Pavicaso, S.L, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de marzo 2012.

A secretaria xudicial