Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 14996

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3016/2008-RMR).

Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 3016/2008 RMR.

Materia: reclamación de cantidade.

Recorrente: José Manuel Lorenzo Sayans.

Recorridos: Contrucciones Grupo Vicam, C.B., Fadesa Inmobiliaria, S.A., José Luis Nogueira García, José Ángel Filgueira Fernández, Luis Domínguez Laporta, Jesús María Romero Vázquez, José Rey Álvarez, Manuel Camba Navia, José Luis Chazo Martínez, Ángel Manuel Chazo Martínez, Manuel Núñez López, José Ángel Laya Rey.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Demanda: 311/2005.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3016/2008 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 311/2005 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por José Manuel Lorenzo Sayans contra Contrucciones Grupo Vicam, C.B., Fadesa Inmobiliaria, S.A., José Luis Nogueira García, José Ángel Filgueira Fernández, Luis Domínguez Laporta, Jesús María Romero Vázquez, José Rey Álvarez, Manuel Camba Navia, José Luis Chazo Martínez, Ángel Manuel Chazo Martínez, Manuel Núñez López, José Ángel Laya Rey, sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Manuel Lorenzo Sayans contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra de data 4 de febreiro de 2008, debemos confirmar integramente a resolución recorrida.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia co fin de que sirva de notificación en forma a José Luis Nogueira García, José Ángel Filgueira Fernández, Luis Domínguez Laporta, Jesús María Romero Vázquez, José Rey Álvarez, Manuel Camba Navia e José Luis Chazo, con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

O secretario xudicial