Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14489

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (162/1991).

En Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«En Santiago o once de outubro de mil novecentos noventa e tres.

Vistos pola súa señoría estes autos de xuízo de menor contía número 162/1991, seguidos ante este xulgado por instancia do procurador Sr. Caamaño Queijo, en nome e representación de Eduardo Emilio Paz Santasmarinas, contra Juan, Adelina e José Alén Ramos, representados polo procurador Sr. García-Piccoli Atanes; Carmen, Donato e Pura Alén Ramos, en situación procesual de rebeldía, e contra as herdanzas xacentes de Manuela Ramos Castelao e Andrea Ramos Castelao e calquera persoa física que se chame á herdanza destas, sobre declaración de dominio e reivindicación de predio.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Narciso Caamaño Queijo en nome de Eduardo Emilio Paz Santasmarinas, contra Juan, Adelina, José, Carmen, Donato e Pura Alén Ramos e contra as herdanzas xacentes de Manuela e Andrea Ramos Castelao e calquera persoa física ou xurídica que se chame á herdanza destas e contra calquera persoa descoñecida e incerta que se crea con algún dereito do predio do demandante, debo declarar e declaro que o predio descrito no feito primeiro da demanda e documentos que se refiren a ela pertence en propiedade ao demandante, debendo avirse os demandados a esta declaración e deixar de facer actos perturbatorios da devandita propiedade, ben sobre o predio ou parte del e a que se remite o feito primeiro da demanda, e condeno os demandados a estar e pasar por estas declaracións e a cumprilas. Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ao demandado rebelde de conformidade co establecido no artigo 769 da LAC.

Advírtase ás partes que esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación por escrito ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación e para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que sirva de notificación en forma aos demandados rebeldes Carmen Alén Ramos, Donato Alén Ramos e Pura Alén Ramos; aos herdeiros de Manuela Ramos Castelao e Andrea Ramos Castelao e a calquera persoa física ou xurídica que se chame á herdanza destas así como ás persoas descoñecidas e incertas con interese lexítimo neste procedemento, expido e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial