Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14487

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (336/2008 IP).

Nas actuacións do recurso de suplicación número 336/2008 IP ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a sala do social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 756/2006 do Xulgado do Social número 2 da Coruña promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra o Servizo Galego de Saúde, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua La Fraternidad-Muprespa, Jesús Vilas Silva, Pedro Sánchez Martínez, sobre accidente, con data do 28 de marzo de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte tenor literal:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña con data do 15 de maio de 2008, e con revogación da súa decisión debemos declarar o carácter de continxencia laboral da situación de incapacidade temporal iniciada polo traballador codemandado en data do 19 de xaneiro de 2006, condenando os demandados a estar e pasar por tal declaración e ao aboamento por parte da mutua La Fraternidad das prestacións inherentes a tal declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Pedro Sánchez Martínez, con último domicilio coñecido en r/ Ourense, 18. Santa Comba, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

O secretario xudicial