Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (750/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 750/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Lema Moreira e José Manuel Romar Andrade contra a empresa Acciona Infraestructuras, S.A., Acciona Infraestructuras, Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando substancialmente a demanda interposta por Ramón Lema Moreira, con DNI 79323340-C, e José Manuel Romar Andrade, con DNI 32797155-Y, contra as empresas Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e Acciona Infraestructuras, S.A., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. a que lle aboe ao Sr. Lema a suma de 5.852,98 euros e ao Sr. Romar a suma de 6.741,85 euros; e declaro a responsabilidade solidaria de Acciona Infraestructuras, S.A., polas cantidades de 2.596 euros para o Sr. Lema e 2.620,65 euros para o Sr. Romar.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acciona Infraestructuras, S.A., Acciona Infraestructuras, Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

O secretario xudicial