Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14308

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (206/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Carlos Conde Losada, Beatriz Lema Pereira, María Pilar Santos Moreno contra Konstruplus, S.L.U., Fogasa, De Konstruplus, S.L. administrador concursal, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 206/2010 se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, doce de marzo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Carlos Conde Losada comparece asistido pola letrada Marta Pato Diéguez e en nome e representación de Beatriz Lema Pereira e María Pilar Santos Moreno, e doutra como demandado o administrador concursal de Konstruplus, S.L.U. Agenor Gómez Álvarez, a empresa Konstruplus, S.L. e Fogasa que non comparece a pesar de estar citados.

Decido que estimando a demanda formulada por Carlos Conde Losada, María Pilar Santos Moreno e Beatriz Lema Pereira contra Fogasa e administrador concursal da empresa condeno a empresa a abonarlle as cantidades seguintes: a Carlos Conde Losada 9.691,17 euros, a Pilar Santos Moreno 4.491,92 euros e a Beatriz Lema Pereira 2.631,11 euros que lle deben en concepto de salarios e demais conceptos, e absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e coa obriga do administrador concursal de pasar polo presente pronunciamento nos termos previstos na Lei concursal.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle realice a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario del régimen público de Seguridade Social, o habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co n.º 1533 0000 36 0206 10 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0206 10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Konstruplus, S.L.U., Konstruplus, S.L. administrador concursal, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

O secretario xudicial