Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14306

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (970/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 970/2011 deste Xulgado do Social, seguido a instancia de Fernando Beiro Martínez contra a empresa Texdigital, S.L., o Fogasa e o administrador concursal de Texdigital, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, logo de ver este despedimento/cesamento en xeral 970/2011, por instancia de Fernando Beiro Martínez, comparece no seu nome e representación Felipe Martínez Ramonde, contra Texdigital, S.L, o administrador concursal de Texdigital, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estar citados.

Decido:

Primeiro. Acollo a acción sobre a resolución de contrato formulada por Fernando Beiro Martínez fronte a Texdigital, S.L. e, en consecuencia, acordo, con data da presente sentenza, a resolución do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante as seguintes cantidades:

a) 5.465,49 euros (cinco mil catrocentos sesenta e cinco con corenta e nove céntimos de euro) en concepto de indemnización.

b) Igualmente, condeno a empresa demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de 6.199,55 euros en concepto de salarios debidos, de acordo co segundo feito probado.

Segundo. Todo iso coa absolución do Fogasa e coa obriga da Administración concursal de pasar pola presente resolución nos termos previstos na Lei concursal.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533 0000 36 0970 11, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0970 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, mentres levaba a cabo audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Texdigital, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

O secretario xudicial