Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14304

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

(EDICTO 193/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que por providencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rafael Rey Sanmartín contra a empresa Konstruplus, S.L., o administrador concursal de Konstruplus, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 193/2010, se acordou notificar a seguinte sentenza:

«A Coruña, 19 de marzo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Rafael Rey Sanmartín, que comparece asistido pola letrada M.ª del Carmen Romero Silva, e doutra, como demandado, a empresa Konstruplus, S.L. e Fogasa, que non comparecen; comparece a administración concursal de Konstruplus, S.L., representada por Agenor Gómez Álvarez.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 235/2012.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Rafael Rey Sanmartín contra a empresa Konstruplus, S.L., Fogasa e a administración concursal da empresa Konstruplus, S.L. condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 6.335,84 euros (nove mil douscentos sesenta e cinco euros con noventa e catro céntimos), que lle deben en concepto de salarios. Absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial e coa obriga do administrador concursal de se ater a este pronunciamento nos termos previstos na Lei concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0193 10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0193.10, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Konstruplus, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado