Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14302

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (896/2011).

Demandante:Jesús Manuel Álvarez Pereira.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Demandada: Promotora Carballesa, S.A.

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 896/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Álvarez Pereira contra a empresa Promotora Carballesa, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Jesús Manuel Álvarez Pereira, con DNI 79314893-Z, contra a empresa Promotora Carballesa, S.A. (Procasa), e cualifico como improcedente o despedimento de data 3.6.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, día 25.1.2012, e condeno a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 4.6.2011/25.1.2012

48.200,62 € (618,75 días × 77,90 €)

18.384,40 €

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Promotora Carballesa, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

O secretario xudicial