Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14300

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (980/2010).

Demandante: Eduardo García Rodríguez.

Avogada: Sandra María Vázquez Fernández.

Demandados: El Corte Inglés, S.A., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 980/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo García Rodríguez contra a empresa El Corte Inglés, S.A., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que estimando a demanda interposta por Eduardo García Rodríguez, con DNI 34595312-T, contra a empresa JVB, Servicios Logísticos para Grandes Superficies, Sociedad Limitada, e contra El Corte Inglés, S.A., debo declarar e declaro que procede, e condeno a JVB a que lle aboe ao demandante a suma de 3.268,76 euros, coa responsabilidade solidaria de El corte Inglés ata a cifra de 3.033,61 euros.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra a ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 150 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2011.

A secretaria xudicial