Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14298

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (708/2009).

Faise saber que este tribunal, no recurso de apelación (LACN) 708/2009, ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión literalmente di:

«Audiencia Provincial.

Sección Quinta.

A Coruña.

Peza: recurso de apelación (LACN) 708/2009.

Procedemento de orixe: xuízo ordinario número 788/2006-X.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña.

Deliberación o día: 28 de abril de 2011.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Sentenza n.º 298/2011.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Dámaso Manuel Brañas Santa María.

Juan Cámara Ruiz.

A Coruña, 12 de xullo de 2011.

No recurso de apelación civil número 708/2009, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña, en xuízo ordinario número 788/2006-X, sobre nulidade de contrato, sendo a contía do procedemento indeterminada, seguido entre partes. Como apelantes: María Isabel Blanco Fariña e José Ramón Pernas Moar, representados polo procurador Sr. Estévez Doamo e como apelada: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, representado pola procuradora Sra. Pando Caracena e como parte declarada en rebeldía Comercialización de Aprovechamiento por Turno, S.L. O relator foi Juan Cámara Ruiz.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que desestimando o recurso de apelación interposto por Vicente Estévez Doamo en representación de Isabel Blanco Fariña e de Ramón Pernas Moar, contra a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña, do 3 de outubro de 2008 (no procedemento 788/2006-X), debemos confirmar e confirmamos en todos os seus termos a referida resolución. Ademais, en canto ás custas causadas na apelación, estas deben imporse á parte recorrente.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Comercialización de Aprovechamiento por Turno, S.L., apelado en rebeldía civil, cuxo domicilio se ignora, de conformidade co artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil, expido este edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial