Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14296

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3660/2008-S).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3660/2008-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 99/2006 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Luis Sánchez Seijas, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Edificaciones Orivan, S.L., sobre accidente, con data do 26 de marzo de 2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación formulado pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza ditada o 15 de abril de 2006, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, nos autos 99/2006, seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o beneficiario Luis Sánchez Seijas e a empresa Edificaciones Orivan, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Luis Sánchez Seijas, con último domicilio coñecido na rúa Fray Pedro Payo Piñeiro n.º 25-1.º, 15009 Arteixo (A Coruña), expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial