Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (146/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Francisco Jesús Seijas Guerreiro, contra Gallega de Calidad Telecom, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 146/2010, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, vinte de marzo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Francisco Jesús Seijas Guerreiro, que comparece asistido polo letrado Daniel Pérez López, e doutra, como demandado, Gallega de Calidad Telecom, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Francisco Jesús Seijas Guerreiro contra a empresa Gallega de Calidad Telecom, S.L., condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 2.816,64 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, realizando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Gallega de Calidad Telecom, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

O secretario xudicial