Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14311

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (240/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Rubén Díaz Vázquez contra Juan Manuel Pazos Vázquez en reclamación por ordinario, rexistrado co número 240/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, veinte de marzo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Rubén Díaz Vázquez, que comparece asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, e doutra, como demandado, Juan Manuel Pazos Vázquez, que non comparece malia estar citado en legal forma.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Rubén Díaz Vázquez contra a empresa Juan Manuel Pazos Vázquez, condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 6.000,43 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0240 10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0240 10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Juan Manuel Pazos Vázquez, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

O secretario xudicial