Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14024

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (618/2010).

María Teresa Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados, polo presente, anuncio que neste procedemento, seguido por instancia de Gema Domínguez Gondar fronte a Juan Ernesto Loza Valverde, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza n.º 15/2012.

Cambados, 21 de febreiro de 2012.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados, os presentes autos de modificación de medidas definitivas n.º 618/2010, seguida por instancia de Gema Domínguez Gondar, representada polo procurador dos tribunais Miguel Ángel Palacios Palacios e asistida pola letrada Silvia García Lombardía; fronte a Juan Ernesto Loza Valverde; con intervención do Ministerio Fiscal; e con base nos seguintes,

Decisión:

Estimo integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Miguel Ángel Palacios Palacios, en nome e representación de Gema Domínguez Gondar, contra Juan Ernesto Loza Valverde, e, en consecuencia, debo declarar e declaro que procede a modificación das medidas definitivas adoptadas na sentenza firme ditada por este xulgado nos autos de divorcio n.º 516/2008 en data 16 de decembro de 2008 no sentido de suspender integramente, a partir da presente resolución e mentres non se produza unha modificación substancial das circunstancias expostas nos fundamentos xurídicos desta resolución, o dereito de comunicación e visitas de Juan Ernesto Loza Valverde coa súa filla menor de idade Lucía Loza Domínguez.

Non procede efectuar especial imposición das custas procesuais a ningunha das partes, deberá aboar cada unha as causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá presentarse por escrito ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Esta resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Juan Ernesto Loza Valverde, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 23 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial