Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14026

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia

EDICTO (36/2011).

José-Manuel Vaamonde Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 36/2011 se ditou a sentenza o 14.12.2011 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia.

Procedemento: xuízo de faltas número 36/2011.

Denunciante: José Antonio Ferreirós Calvo.

Denunciados: Carmen María Rodríguez Caamaño, José Antonio Bayón Vargas.

Sentenza número 112.

En Noia o 14 de decembro de 2011.

Vistos por Ana Belén González Abraldes, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos desta cidade e o seu partido, estes autos de xuízo de faltas número 36/2011, seguidos, por unha presunta falta de ameazas, despois de ser parte o Ministerio Fiscal no exercicio da acción pública, a parte denunciante e o denunciado.

Resolvo que debo absolver e absolvo de toda responsabilidade criminal polos feitos xulgados a Carmen María Rodríguez Caamaño e José Antonio Bayón Bargas.

As custas impóñense de oficio.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa incorporación á causa, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e sirva de notificación de sentenza a Carmen María Rodríguez Caamaño, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Noia, 23 de marzo de 2012.

O secretario xudicial