Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14028

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (961/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria del Juzgado do Social número 2 da Coruña fago saber que a resolución ditada o día 20.3.2012 no proceso seguido por instancia de Miguel Ángel López contra Electricidad Senín, S.L., en reclamación por cantidade rexistrado co n.º 961/2009, acordouse notificar á empresa Electricidad Senín, S.L. a seguinte sentenza:

«Decido que, considerando a demanda interposta por Miguel Ángel López contra a empresa Electricidad Senín, S.L., condénoa a que aboe a cantidade de sete mil oitocentos cincuenta e catro euros e corenta e catro céntimos (7.854,44 €), incrementada co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do comprobante, ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista; e débese acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer; sen este requisito non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Electricidad Senín, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial