Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (741/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que a resolución ditada o día 30.1.2012 no proceso seguido a instancia de Pablo Salgado Manso contra a empresa Programetal, S.L., en reclamación por despedimento rexistrado co n.º 741/2011 acordouse notificar á empresa Programetal, S.L., a seguinte sentenza:

«Decido que, admitindo a demanda interposta por Pablo Salgado Manso contra a empresa Progametal, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao actor e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando á demandada a que aboe unha indemnización de 12.199,27 euros máis 13.249,60 € por salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na «Conta de Depósitos e Consignacións» que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Programetal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial