Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14031

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (941/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña fago saber que a resolución ditada o día 16 de marzo de 2012 no proceso seguido a instancia de Regina Fernández Rei e Celestino Núñez Cao contra a empresa Construcciones Gomaño, S.L., Administración concursal, Eduardo Méndez Moscoso e Fogasa en reclamación por cantidade rexistrado co n.º 941/2009 acordouse notificar á empresa Construcciones Gomaño, S.L., a seguinte sentenza:

«Decido que considerando a demanda interposta por Celestino Núñez Cao contra a empresa Construcciones Gomaño, S.L. a condeno a que lle aboe a cantidade de nove mil trescentos setenta e nove euros e sesenta e catro céntimos (9.379,64 €).

Así mesmo, condeno a Administración concursal e o Fondo de Garantía Salarial a estar e pasar pola declaración anterior, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades nos casos previstos na Lei concursal e no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela, cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Construcciones Gomaño, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial