Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (164/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Purificación López Arza contra Establecimientos Corral, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 164/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, seis de marzo de dous mil doce.

Sentenza.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Purificación López Arza, que comparece no seu nome e representación Felipe Martínez Ramonde, e doutra como demandado Establecimientos Corral, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Que estimando a demanda formulada por Purificación López Arza contra a empresa Establecimientos Corral, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.366,95 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolle que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Establecimientos Corral, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

O secretario xudicial