Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14033

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 con sede en Puerto del Rosario (Fuerteventura)

EDICTO (694/2011).

Eugenio Félix Ortega Ugena, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 con sede en Puerto del Rosario (Fuerteventura), fago saber que no procedemento número 694/2011, en materia de despedimento, por instancia de Yaya Balde, contra Jesús Fisteus Carril, A Imperfis, S.L. e Aislamientos ML-Dos, S.L., a súa señoría ditou auto con data do 15.12.2011, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo:

Requírase a empresa condenada Jesús Fisteus Carril, A Imperfis, S.L. e Aislamientos ML-Dos, S.L., para que no prazo improrrogable de cinco días repoña o traballador Yaya Balde ao seu posto de traballo baixo apercibimento de que, de non o verificar, se adoptarán as medidas necesarias para que continúe percibindo o seu salario coa mesma periodicidade e contía declarada en sentenza, cos incrementos que procedan, despachándose execución en tantas ocasións como fose necesario, por cantidade equivalente a seis meses de salario e procedéndose á exacción pola vía de constrinximento sobre os bens da executada, así como para que continúe a alta e con cotización na Seguridade Social.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días ante este órgano, expresando a infracción en que a resolución tivese incorrido.

Signifícase ademais que todo o que sen ter a condición de traballador ou habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou de xustiza gratuíta, estado, comunidades autónomas, entidades locais e organismos autónomos dependentes deles, intente interpoñer recurso de reposición, deberá efectuar un depósito de 25,00 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, na c.c.c. 0030 1846 42 0005001274, e ao concepto clave 2290-0000-64-0694-11.

Así o acorda, manda e asina María Teresa del Pino Hernández, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 con sede en Puerto del Rosario (Fuerteventura). Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Fisteus Carril, A Imperfis, S.L. e Aislamientos ML-Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Puerto del Rosario, 17 de febreiro de 2012.

O secretario