Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14035

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 con sede en Puerto del Rosario (Fuerteventura)

EDICTO (34/2012).

Eugenio Félix Ortega Ugena, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 con sede en Puerto del Rosario (Fuerteventura), fago saber que no procedemento número 34/2012, en materia de cantidade, por instancia de Yaya Balde, contra Jesús Fisteus Carril, Construcciones Marlape, S.L., Aislamientos ML-Dos, S.L. e A Imperfis, S.L., a súa señoría ditou auto con data do 23.2.2012 e na mesma data o secretario que subscribe ditou decreto, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva auto.

Acórdase ordenar e despáchase a execución por instancia de Yaya Balde contra Jesús Fisteus Carril, Construcciones Marlape, S.L., Aislamientos ML-Dos, S.L. e A Imperfis S.L., por un principal de 6.387,51 euros, máis 1.022,00 euros de xuros e custas provisionais, máis unha sanción de 150 euros a cada unha das empresas codemandadas pola súa non comparecencia inxustificada ao acto de conciliación previo ao proceso, e así mesmo e de forma solidaria, ao pagamento dos honorarios do avogado do traballador.

En canto aos executados Jesús Fisteus Carril e A Imperfis, S.L., contra os cales se segue neste xulgado execución 524/2011 que se encontra en fase de indagación de bens, obsérvese o resultado desta, dándose por reproducidos na presente.

Feita indagación de bens na execución 97/2010 e estando esta pendente de ser ditado decreto de insolvencia, estea a presente á espera deste, con respecto á empresa executada Construcciones Marlape, S.L., procedéndose neste caso de igual xeito en canto a esta.

Autorízase solicitar información patrimonial dos executados á Administración Tributaria.

Modo de impugnación. Recurso de reposición no prazo de tres días ante este órgano, expresando a infracción en que a resolución incorreu, no cal poderá deducir oposición á execución aducindo pagamento ou cumprimento, prescrición ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes, de responsabilidade (artigo 239.4 da LRXS).

Signifícase ademais que todo o que sen ter a condición de traballador ou habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou de xustiza gratuíta, Estado, comunidades autónomas, entidades locais e organismos autónomos dependentes deles, intente interpoñer recurso de reposición, deberá efectuar un depósito de 25,00 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, na c.c.c 0030 1846 42 0005001274, e ao concepto clave 2290-0000-64-0034-12.

Así o acorda, manda e asina Carmelo Batista Machin, maxistrado do Xulgado do Social número 2 con sede en Puerto del Rosario (Fuerteventura). Dou fe».

Parte dispositiva decreto.

«Decretar, ata cubrir a cantidade total de 8.009,51 euros, o embargo de bens e dereitos das partes executadas Jesús Fisteus Carril, Construcciones Marlape, S.L. e A Imperfis, S.L. e Aislamientos ML-Dos, S.L., en cantidade suficiente para cubrir as devanditas sumas.

E para tal efecto, solicítese información, a través do punto neutro xudicial, das bases de datos das entidades e organismos a que este xulgado ten acceso e que deban ter constancia de bens ou dereitos susceptibles de embargo, procedéndose desde agora sobre os máis realizables que resulten da consulta, gardándose a orde fixada na lei e librándose os despachos que resulten necesarios para a anotación do embargo e as retencións pecuniarias que procedan.

Signifícase ao executado Jesús Fisteus Carril, Construcciones Marlape, S.L., Aislamientos ML-Dos, S.L. e A Imperfis, S.L. que poderá liberar os seus bens mediante o pagamento das cantidades máis arriba indicadas, que poderá efectuar mediante ingreso na conta deste xulgado na entidade Banesto, c.c.c. 0030 1846 42 0005001274, ao concepto ou procedemento clave 2290-0000-64-0034-12, baixo expreso apercibimento de que unha vez realizados nesta vía executiva, a súa transmisión será irrevogable.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe interpoñer recurso de revisión, no prazo de tres días ante este xulgado, expresando a infracción en que a resolución incorreu.

Signifícase ademais que todo o que sen ter a condición de traballador ou habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou de xustiza gratuíta, Estado, comunidades autónomas, entidades locais e organismos autónomos dependentes deles, intente interpoñer recurso de revisión, deberá efectuar un depósito de 25,00 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, na c.c.c 0030 1846 42 0005001274, e ao concepto clave 2290-0000-64-0035-12.

Así o acorda e asina Eugenio Félix Ortega Ugena, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 con sede en Puerto del Rosario (Fuerteventura). Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Fisteus Carril, Construcciones Marlape, S.L., Aislamientos ML-Dos, S.L. e A Imperfis, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Puerto del Rosario, 23 de febreiro de 2012.

O secretario