Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14022

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (717/2011).

Luis Fernández-Arias González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, polo presente edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal n.º 717/2011 seguido por instancia da C.P. rúa Xílgaro, 5, de Vigo contra Manuel Montes Carballa foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 7 de marzo de 2011.

Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, nos autos correspondentes ao xuízo verbal de reclamación de cantidade rexistrado co número arriba indicado promovidos por Ángeles Rodríguez Ramos, en nome da comunidade de propietarios da rúa Xílgaro, n.º 5, de Vigo, contra Manuel Montes Carballa, en situación de rebeldía procesual, dita a presente sentenza sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ángeles Rodríguez Ramos, en nome da comunidade de propietarios da rúa Xílgaro, n.º 5, de Vigo, contra Manuel Montes Carballa, polo que condeno o demandado a que aboe á comunidade de propietarios indicada a cantidade de 1.000 euros, máis os xuros legais correspondentes, con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún de conformidade co artigo 455 LAC, modificado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

Únase a presente resolución ao libro da súa clase, deixando nos autos testemuño dela.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Foi dada, lida e publicada no día da súa data.

E para que sirva de notificación a Manuel Montes Carballa, expido e asino este edicto.

Vigo, 7 de marzo de 2012.

O secretario xudicial