Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14020

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2662/2008 GA).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 2662/2008 GA.

Materia: xubilación.

Recorrente: Instituto Social da Mariña.

Recorridos: José Manuel Romero Martínez, Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán, Benito Rodríguez del Río, Pesquera Vasco Gallega, S.L., Comunidade de Herdeiros de José Pérez Carnes.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Demanda: 265/2006.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2662/2008 GA desta sección, seguido por instancia do Instituto Social da Mariña contra José Manuel Romero Martínez, Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán, Benito Rodríguez del Río, Pesquera Vasco Gallega, S.L., e Comunidade de Herdeiros de José Pérez Carnes, sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Instituto Social da Mariña contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, do 28 de febreiro de 2008, en autos n.º 265/2006, que revogamos no sentido de fixar no cen por cento (100%) a porcentaxe da base reguladora da prestación litixiosa, e confirmámola nos seus demais pronunciamentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán, Benito Rodríguez del Río, Pesquera Vasco Gallega, S.L., e Comunidade de Herdeiros de José Pérez Carnes, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia recollida no artigo 89 LPL, de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial