Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14018

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5982/2011).

Secretario: Sr. Gamero López-Peláez.

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 5982/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1017/2010 Xulgado do Social número 2 de Ourense.

Recorrente: Beatriz Fernández Lorenzo.

Avogado: Alberto Arca Fresco.

Recorridos: Fogasa, Fleming Moda, S.L. (antes Aurelio Santas, S.L.), Trinidad Vidueira, S.L., Baffin Bay, S.L., VDR Confec., S.L., VDR Punto, S.L., Trinidad Vidueira Design, S.L., Damian Lucio Juan, Vidrio Orense, S.L., Vidrio Galicia, S.L., Constantino Rodríguez González.

Avogados: María Pilar González Arias, Roque Méndez Robleda, María Pilar González Arias, María Pilar González Arias, María Pilar González Arias.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 5982/2011 desta sección, seguido por instancia de Beatriz Fernández Lorenzo contra a empresa Fogasa, Fleming Moda, S.L. (antes Aurelio Santas, S.L.), Trinidad Vidueira, S.L., Baffin Bay, S.L., VDR Confec., S.L., VDR Punto, S.L., Trinidad Vidueira Design, S.L., Damian Lucio Juan, Vidrio Orense, S.L., Vidrio Galicia, S.L., Constantino Rodríguez González, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Alberto Arca Fresco, actuando en nome e representación de Beatriz Fernandez Lorenzo, contra a sentenza de data 12 de setembro de 2011, posteriormente aclarada por auto do 22 de se-tembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense en autos acumulados 1017/2010 e 195/2011, seguidos por instancia da recorrente contra as empresas Baffin Bay, S.L., Vidrio Orense, S.L., Vidrio Galicia, S.L., VDR Confec. S.L., Fleming Moda, S.L., Aurelio Santas, S.L., Trinidad Vidueira Desing, S.L., VDR, S.L., Trinidad Vidueira, S.L., VDR Punto, S.L., Damian Lucio Juan, Fogasa y Constantino Romero González, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución recorrida.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto a Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos. Seguen as sinaturas e a publicación.

E para que sirva de notificación á empresa Trinidad Vidueira S. Lugo, y Trinidad Vidueira Design, S.L., con último domicilio en Ourense».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

O secretario xudicial