Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14016

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3932/2011 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3932/2011 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1062/2009 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Salrosa, C.B.

Avogada: Ana María Fidalgo López.

Procuradora: María Irene Cabrera Rodríguez.

Recorridos: Guseva, C.B., Susana Beatriz Beloso Fernández, Elena Husyeva Bogatyreva, Miguel Ángel Vázquez Vigo.

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3932/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Salrosa, C.B., contra a empresa Guseva, C.B., Susana Beatriz Beloso Fernández, Elena Husyeva Bogatyreva, Miguel Ángel Vázquez Vigo, sobre incidentes de execución, ditouse resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Salrosa, C.B., contra a sentenza do 27.4.2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos de execución 113/2010, confirmamos a sentenza contra a que se recorreu.

De acordo co artigo 233.1 LPL, a codemandada-recorrente debe aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso, por importe de trescentos euros (300 €). Dáselles aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Así, pola nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a Guseva, C.B., Elena Husyeva Bogatyreva, Miguel Ángel Vázquez Vigo, expido e asino esta.

A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial