Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14014

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade de noite do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Convocada por Resolución 7/11, do 28 de setembro (Diario Oficial de Galicia n.º 207, do 28 de outubro), a provisión do posto de supervisor/a de unidade de noite do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia n.º 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade de noite do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, convocado por Resolución 7/11, do 28 de setembro (Diario Oficial de Galicia n.º 207, do 28 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, á persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e Lei 25/2009, do 22 de decembro.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago

ANEXO

Posto: supervisor de unidade de noite.

Nome e apelidos: Fidel García Vidueira.

DNI: 34597847-M.