Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13317

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 25 de xaneiro de 2012 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012.

Advertidos erros na Orde do 25 de xaneiro de 2012 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 21, do 31 de xaneiro, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 4334, a definición referenciada pola letra «v)» débese entender referenciada pola letra «u)».

2. Na páxina 4334, no primeiro parágrafo do número 2, onde di: «Ademais das definicións das letras b), e), g), h), i), j), k), l), u) e v) do punto 1, …», debe dicir: «Ademais das definicións das letras b), e), g), h), i), j), k), l) e u) do punto 1, …».

3. Na páxina 4342, o artigo 17 queda redactado como segue, reproducindo o disposto no artigo 23.1 do Regulamento (CE) 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro de 2009, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos agricultores no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores:

«1. Todo/a agricultor/a que reciba pagamentos directos dos previstos nos títulos II e III desta orde deberá observar os requisitos legais de xestión a que se refire o anexo 20 desta orde, así como as boas condicións agrarias e agroambientais indicadas no anexo 21.

2. Cando non se respecten os requisitos legais de xestión ou as boas condicións agrarias e ambientais en calquera momento dun ano natural determinado (denominado no sucesivo «o ano natural considerado») e o incumprimento en cuestión resulte dun acto ou omisión que se poida atribuír directamente ao agricultor que presentou a solicitude de axuda no ano natural considerado, o importe total dos pagamentos directos que se aboaron ou deban aboarse ao agricultor reducirase ou anularase de conformidade coas normas de desenvolvemento establecidas en virtude do artigo 20.

3. O número 2 anterior tamén será aplicable cando o incumprimento en cuestión resulte dunha acción ou omisión directamente imputable á persoa a quen se transferiu ou que transferiu a terra de cultivo.

Para os efectos do disposto neste punto, entenderase por «transferencia» calquera tipo de transacción en virtude da cal a terra de cultivo deixe de estar á disposición de quen a transferiu.

4. Non obstante o disposto no número 3 anterior, a partir de 2010, cando a persoa a quen poida atribuírse directamente o acto ou a omisión presentase unha solicitude de axuda no ano natural considerado, a redución ou a exclusión aplicarase á totalidade dos importes dos pagamentos directos concedidos ou que se vaian conceder á dita persoa.».

4. Na páxina 4348, as referencias que se fan, no número 1 do artigo 28, aos artigos 25.1 e 27.3, débense entender feitas, respectivamente, aos artigos 24.1 e 26.3.

5. Na páxina 4350, a referencia que se fai, no número 1 do artigo 30, ao artigo 25.1, débese entender feita ao artigo 24.1.

6. Na páxina 4351, a referencia que se fai, no título do artigo 32, ao artigo 25.1, débese entender feita ao artigo 24.1.

7. Na páxina 4352, a referencia que se fai, no número 1 do artigo 33, ao artigo 25.1, débese entender feita ao artigo 24.1.

8. Na páxina 4352, onde di: «A data para o acceso aos ditos datos será a partir do 31 de xaneiro de 2012.», debe dicir: «A data para o acceso aos ditos datos será a partir do 31 de xaneiro de 2013.».

9. Na páxina 4381, no terceiro parágrafo do número 3 do artigo 76, a referencia que se fai ao artigo 72, débese entender feita ao artigo 79.

10. Na páxina 4381, no segundo parágrafo do número 4 do artigo 78, onde di: «… teña uso PS (pasteiro) ou TA (terra arable) no Sixpac …», debe dicir: «… teña uso pasto ou terra arable no Sixpac …».

11. Na páxina 4394, na letra a) do artigo 98, onde di: «… do período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de setembro de 2012 …», debe dicir: «… do período comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de setembro de 2012 …».

12. Na páxina 4414, na subepígrafe b.6 da letra b), onde di: «Para acreditar a condición de profesional da agricultura nos pagamentos adicionais de vacún …», debe dicir: «Para acreditar a condición de profesional da agricultura nas axudas específicas de vacún ….».

13. Na páxina 4418, no impreso DP1 do anexo 1, na liña «Primas aos produtores que manteñan vacas nutrices.», suprímense os campos relativos á indicación do número de «vacas» e de «xovencas».

14. Na páxina 4431, no impreso DP2 do anexo 1, suprímese o número 3 do apartado de declaracións.

15. Na páxina 4431, no impreso DP2 do anexo 1, no número 6 do punto de compromisos, onde di: «… a non diminuír a superfice agraria comprometida …», debe dicir: «… a non intercambiar as parcelas polas que se lle concedeu a axuda ….».

16. Na páxina 4431, no impreso DP2 do anexo 1, engádese unha liña 7 co seguinte texto: «7. Manter os compromisos derivados das axudas xa aprobadas no marco do CES.».

17. Na páxina 4431, no impreso DP2 do anexo 1, nas axudas agroambientais, suprímense os campos para a indicación do número de hectáreas e de colmeas da subsección «redución da carga gandeira», da liña 6 «Utilización dos recursos forraxeiros da explotación».

18. Da páxina 4437 á páxina 4441, suprímese o impreso COM do anexo 1.

19. Na páxina 4445, no impreso DC do anexo 1, suprímese o número 1 da letra J).

20. Nas páxinas 4461 e 4462, no anexo 11, suprímense as seguintes zonas de concentración:

Código

Provincia

Concello

Código zona

Nome da zona

15

A Coruña

060

Ordes

01

Ardemil

15

A Coruña

060

Ordes

03

Buscás ii

15

A Coruña

060

Ordes

04

Leira

15

A Coruña

060

Ordes

06

Montaos ii

15

A Coruña

060

Ordes

08

Barbeiros ii – Vilamaior

27

Lugo

048

A Pontenova

07

Bogo

27

Lugo

061

Trabada

05

Monte de Trabada

36

Pontevedra

002

Barro

01

Agudelo – Barro – Valiña

36

Pontevedra

005

Caldas de Reis

01

Saiar

20. No anexo 11 engádense as seguintes zonas de concentración:

Código

Provincia

Concello

Código zona

Nome da zona

15

A Coruña

047

Melide

01

Maceda - Orois

15

A Coruña

071

As Pontes

01

Concentración privada de Pumar