Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13321

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 15 de abril de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á reorientación e competitividade das pemes galegas, en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG n.º 80, do 29 de abril de 2010, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 7150, no punto primeiro, onde di:

«Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao 80%, eixe 1, tema prioritario 1.07 no caso dos proxectos do artigo 1.1.º.3 destas bases, e ao 70%, eixe 2, tema prioritario 2.09 no caso dos proxectos do artigo 1.1.º.4 destas bases; e convocar para 2010 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva».

Debe dicir:

«Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao 80%, eixe 1, tema prioritario 07, actuación 3, ou eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5, no caso dos proxectos do artigo 1.1.º.3 destas bases, e ao 70%, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5 no caso dos proxectos do artigo 1.1.º.4 destas bases; e convocar para 2010 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva».

Na páxina 7152, no artigo 2.5., onde di:

«A subvención aos proxectos dos artigos 1.1.º.3 e 1.1.º.4 estará cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80%, eixe 1, tema prioritario 1.07, actuación 1.07.3, no caso dos proxectos dos artigos 1.1.º.3, nun 70%, eixe 2, tema prioritario 2.09, actuación 2.09.5, no caso dos proxectos do artigo 1.1.º.4 (…)»

Debe dicir:

A subvención aos proxectos dos artigos 1.1.º.3 e 1.1.º.4 estará cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80%, eixe 1, tema prioritario 07, actuación 3 ou eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5, no caso dos proxectos dos artigos 1.1.º.3 e nun 70%, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 5, no caso dos proxectos do artigo 1.1.º.4. (…)»