Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13323

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 666/2010, interposto por Rafael Rodríguez Varela, María Teresa Fernández Iglesias, Manuela Varela Núñel, Javier Mundiña Basanta e Henrique Ferro Cruz.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 666/2010, interposto por Rafael Rodríguez Varela, María Teresa Fernández Iglesias, Manuela Varela Núñel, Javier Mundiña Basanta e Henrique Ferro Cruz, contra varios actos administrativos relacionados co proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos (DOG n.º 36, do 23 de febreiro de 2010).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente adçministrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública