Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13324

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 12 de marzo de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 11 de xaneiro de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 11 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 24, do 3 de febreiro), de conformidade co disposto no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4.º do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Industria, anunciada pola Orde do 11 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 24, do 3 de febreiro).

Segundo. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ás funcionarias que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual das funcionarias que obtiveron praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade en que presta os seus servizos a funcionaria, ou no prazo dun mes, se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á funcionaria; nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A persoa titular do departamento de persoal en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Álvarez Fernández Esther.

NRP: 3459313202A2051.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: director/ora técnico da Escola Galega de Consumo.

Código do posto: INO110000015770095.

Nivel: 28.

Dependencia: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Nieto Novoa María Carmen.

NRP: 3497347813A2051.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura da Sección Tesouraría, Recadación e Habilitación.

Código do posto: INO110000015770088.

Nivel: 25.

Dependencia: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.