Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13327

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de Farmacéutico Inspector de Saúde Pública, relativo á publicación do cadro definitivo de respostas e das puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto).

Na sesión que tivo lugar o día 4 de abril de 2012, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos (DOG núm. 230, do 1 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na clase de Farmacéutico Inspector de Saúde Pública, convocado por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 27 de xullo de 2010 (DOG núm. 149, do 5 de agosto), e de conformidade co disposto nos números 6 e 7 da base sexta, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar o cadro definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición acadadas polos aspirantes presentados á clase de Farmacéutico Inspector de Saúde Pública.

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas números 24, 38, 40, 51, 66, 90 e 104 do primeiro exercicio, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva números 101, 102, 103, 105, 106 e 107, respectivamente.

Terceiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, no cadro provisional de respostas publicadas, a contestación á pregunta número 31 do primeiro exercicio, de maneira que a resposta correcta sexa a letra A.

Cuarto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Quinto. O cadro definitivo de respostas, a listaxe de puntuacións provisionais, así como a argumentación das anulacións das preguntas 24, 38, 40, 51, 66, 90 e 104 poderanse consultar na páxina web do Servizo Galego de Saúde e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Sexto. De existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida, os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles seguintes ao desta publicación. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas do primeiro exercicio de oposición.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

Ramón Martínez Blanco
Presidente do tribunal