Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12628

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria

EDICTO (30/2012. Auto de execución).

Procedemento: execución.

Número de procedemento: 30/2012.

Procedemento de orixe: despedimentos/cesamentos en xeral.

Número procedemento de orixe: 615/2011.

NIG: 3501644420110006021.

Materia: despedimento.

Executante: Ernesto López Silveira.

Executado: Infoelga Montajes Eléctricos, S.L.N.E., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

«Auto.

En Las Palmas de Gran Canaria o 12 de marzo de 2012.

Dada conta. Presentado o anterior escrito número 1030 pola representación da executante, únase aos autos e déaselle ás copias o seu destino legal; e sobre a base dos seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Neste procedemento ditouse orde de execución da sentenza de despedimento ditada nestes autos, e con data do 5 de marzo de 2012 recaeu auto, en que se declaraba a extinción da relación laboral e se fixaban as cantidades debidas en concepto de indemnización e salarios de trámite, o cal é firme en dereito, co seguinte ditame:

Declárase extinguida a relación laboral que unía a Ernesto López Silveira coa empresa Infoelga Montajes Eléctricos, S.L.N.E.

Condénase a parte demandada a que aboe as cantidades seguintes ao traballador Ernesto López Silveira:

Indemnización: 5.068,13 euros.

Salarios: 11.607,00 euros.

Segundo. Mediante o anterior escrito do 12 de marzo de 2012, a parte demandante solicita a execución da sentenza.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A execución de sentenzas firmes iniciarase por instancia de parte, e tratándose de sentenzas de despedimento, unha vez ditado auto de extinción da relación laboral e fixando o montante de indemnización e salarios de trámite, procede despachar execución en caso de que non o aboase voluntariamente o condenado, e unha vez iniciada tramitarase a execución de oficio na forma prevista na Lei de axuizamento civil, coas especialidades previstas na LRXS; e o órgano xudicial que tiver coñecido do asunto na instancia ditará as resolucións e dilixencias necesarias (arts. 237 e 239 LRXS).

Segundo. Tratándose de obriga de pagamento de cantidade líquida procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, embargando bens do debedor suficientes, e procedendo só á adecuación do embargo cando conste a suficiencia dos bens embargados. Se non constase, o órgano xudicial deberá dirixirse aos correspondentes organismos e rexistros públicos para que faciliten a relación de todos os bens ou dereitos do debedor, ou solicitar a información necesaria de entidades financeiras ou depositarias ou doutras persoas privadas, dándolle audiencia ao Fondo de Garantía Salarial para os efectos legais procedentes (arts. 248 e ss. LRXS, e 571 e ss. e 634 e ss. da LAC) e non existindo medio de indagación máis efectivo, procede solicitar información patrimonial do executado á Administración tributaria conforme o artigo 113 LXT.

Vistos os preceptos legais ditados e demais de xeral e pertinente aplicación ao caso,

Parte dispositiva.

Acórdase ordenar e despáchase a execución por instancia de Ernesto López Silveira contra Infoelga Montajes Eléctricos, S.L.N.E., por 16.675,13 euros de principal, máis 1.667 euros de xuros provisionais e a de 1.667 euros de custas provisionais.

Autorízase solicitar información patrimonial do executado á Administración tributaria.

Modo de impugnación. Recurso de reposición no prazo de tres días ante este órgano, expresando a infracción en que a resolución incorreu, no que poderá deducir oposición á execución aducindo pagamento ou cumprimento, prescrición ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes de responsabilidade (art. 239.4 LRXS).

Signifícase ademais que todo o que sen ter a condición de traballador ou habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou de xustiza gratuíta, Estado, comunidades autónomas, entidades locais e organismos autónomos dependentes deles, intente interpoñer recurso de reposición, deberá efectuar un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, na c.c.c 0030 1846 42 0005001274, e ao concepto clave 3500-0000-64-0615-11.

Así o acorda, manda e asina Miguel Ángel Limón Luque, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria. Dou fe».

O maxistrado xuíz O/a secretario/a xudicial