Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12626

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria

EDICTO (30/2012. Auto de extinción de relación laboral).

Procedemento: execución.

Número de procedemento: 30/2012.

Procedemento de orixe: despedimentos/cesamentos en xeral.

Número procedemento de orixe: 615/2011.

NIG: 3501644420110006021.

Materia: despedimento.

Executante: Ernesto López Silveira.

Executado: Infoelga Montajes Eléctricos, S.L.N.E., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Auto.

En Las Palmas de Gran Canaria o 5 de marzo de 2012.

Dada conta. Visto o que antecede e sobre a base dos seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por sentenza do 14 de decembro de 2011 declarouse a improcedencia do despedimento de Ernesto López Silveira efectuado pola empresa Infoelga Montajes Eléctricos, S.L.N.E., con efectos do 18 de maio de 2011, coa obriga da demandada da readmisión do traballador e do aboamento dos salarios de tramitación.

Segundo. Ernesto López Silveira presentou demanda de execución en que alegaba a súa non readmisión e pedía a extinción da relación laboral co aboamento da indemnización legal correspondente e os salarios percibidos desde o despedimento ata a extinción daquela conforme as circunstancias da relación laboral reflectidas no título de execución.

Terceiro. Realizouse o incidente de non readmisión co resultado que consta nas actuacións.

Fundamento de dereito único.

Como resulta acreditado tras a realización da comparecencia e do silencio contraditorio da condenada que non comparece malia estar debidamente citada para defender o seu dereito, debe terse como certo que a empresa non procedeu á readmisión do traballador nas mesmas condicións que dispón o título executado, o que supón, conforme establece o artigo 281 LRXS, a declaración de extinción da relación laboral que unía as partes con efectos desde esta resolución xudicial e a condena da empresa ao aboamento da indemnización.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Declárase extinguida a relación laboral que unía a Ernesto López Silveira coa empresa Infoelga Montajes Eléctricos, S.L.N.E.

Condénase a parte demandada a que lle aboe as cantidades seguintes ao traballador Ernesto López Silveira:

Indemnización: 5.068,13 euros.

Salarios: 11.607,00 euros.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días ante este órgano, expresando a infracción en que a resolución incorreu.

Signifícase ademais que todo o que sen ter a condición de traballador ou habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou de xustiza gratuíta, Estado, comunidades autónomas, entidades locais e organismos autónomos dependentes deles, intente interpoñer recurso de reposición, deberá efectuar un depósito de 25,00 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, na c.c.c. 0030 1846 42 0005001274, e ao concepto clave 3500 0000 64 0615 11.

Así o acorda, manda e asina Miguel Ángel Limón Luque, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 5 de Las Palmas de Gran Canaria. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz O/a secretario/a xudicial