Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12624

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (976/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 976/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Electricidade Xonxa, S.L. contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Carlos Sebastiao Martins sobre Seguridade Social, foi ditada sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que, desestimando a demanda interposta pola mercantil Electricidade Xonxa, S.L.U., debo absolver e absolvo o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Carlos Sebastiao Martins, de todos os pedimentos formulados na súa contra, e confirmo igualmente a responsabilidade da codemandada Emte Sistemas, S.A.U.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que on teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000, código 36 e número de expediente, demostrando mediante a presentación do comprobante o ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo. Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Carlos Sebastiao Martins, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial