Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12631

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1035/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1035/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1035/2009, en que foron demandantes Luisa Aldao Viñas e Antonio García Domínguez, representados pola letrada Sra. Fernández-Chao González-Dopeso, e demandada a empresa Suryabheda, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial, representado polo Sr. Morado Díaz.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Luisa Aldao Viñas e Antonio García Domínguez contra Suryabheda, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Luisa Aldao Viñas a cantidade de 12.164,82 euros e a Antonio García Domínguez a suma de 15.440,94 euros que lles debe. Estas cantidades deberanse incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Suryabheda, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial