Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12109

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (187/2010).

Nos autos de referencia, o 3 de febreiro de 2012 ditouse sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que debo estimar e estimo de maneira íntegra a demanda deducida pola procuradora Sra. Fernández-Rial López en nome e representación de María Teresa Soledad Vázquez Noya, maior de idade, citada en autos asistida do letrado Sr. Quintáns Vázquez fronte a María Teresa Fernández Mejuto declarada en rebeldía procesual e fronte aos herdeiros descoñecidos e incertos de Ramona Vázquez Méndez, herdeira da titular rexistral Ramona Méndez Prado, declarados así mesmo en rebeldía procesual, e en consecuencia procede declarar o dominio que tivo a demandante sobre o predio descrito no feito primeiro da demanda e que se corresponde coa cota de participación do 8,49% da parcela D do plano de adxudicación do expediente de reparcelación do cuarteirón delimitado polas rúas Tras del Pilar, Montero Ríos e Rosalía de Castro aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo do Concello de Santiago, o 19 de xaneiro de 1982, e que figurou inscrita a nome de Rosario Méndez Pardo, predio rexistral número 645 do Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela e que no expediente de reparcelación pasou a formar parte da rexistral número 5.056.

A íntegra estimación da demanda deducida en autos motiva a condena ao aboamento das custas ocasionadas á parte demandada.

Notifíqueselles en legal forma esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer neste xulgado recurso de apelación conforme a vixente Lei de axuizamento civil para que resolva a Audiencia Provincial da Coruña, que se preparará nun prazo de cinco días desde a súa notificación na forma prevista nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil logo de consignación, se é o caso, do depósito previsto na disposición adicional 15 da Lei de axuizamento civil.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E, para que sirva de notificación e citación a María Teresa Fernández Mejuto e aos herdeiros descoñecidos e incertos de Ramona Vázquez Méndez expídese o presente edicto.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

O secretario