Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12107

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (872/2010).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste órgano xudicial se seguen autos de procedemento ordinario 872/2010, seguidos por instancia de Placeres Carballeiro Gigirey, Miguel Castro García fronte a Manuel Suárez Noya, José Suárez Noya, e en resolución de data de 19.7.2011 declarouse en rebeldía procesual a Manuel Suárez Noya, José Suárez Noya e, non sendo coñecido o seu domicilio, en virtude do establecido nos artigos 496 e 497 da LAC, notifícaselle a dita resolución por medio do presente edicto que se fixa no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial, e feita esta notificación edictal non se levará a cabo ningunha outra, agás a da resolución que poña fin ao proceso, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2011.

Demandantes: Miguel Castro García, Placeres Carballeiro Gigirey.

Procuradora: Rita Goimil Martínez.

Letrado: Julio Castro Pol.

Demandado: José Suárez Noya (en rebeldía).

Demandado: Manuel Suárez Noya (en rebeldía).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Miguel Castro García e Placeres Carballeiro Gigirey contra José Suárez Noya e Manuel Suárez Noya, en consecuencia:

1. Declaro que os predios números 928, 960, 905 e 959 do plano xeral de concentración parceira de San Miguel dos Agros (A Coruña) que se describen no feito primeiro da demanda corresponden en pleno dominio aos demandantes por adquirilos en virtude de usucapión extraordinaria.

2. Declaro que os demandados non exerceron nunca acto de posesión ningún sobre os respectivos predios rústicos que se describen no feito primeiro da demanda e que, polo tanto, carecen de títulos sobre estes para arrogarse a súa posesión ou dominio.

3. Declaro que procede a cancelación dos asentos de inscrición rexistral dos expresados predios concentrados que constan no Rexistro da Propiedade de Santiago como:

– Predio rexistral 18612, folio 133 do libro 302, a nome de José Suárez Noya.

– Predio rexistral 18644, folio 165 do libro 302, a nome de José Suárez Noya.

– Predio rexistral 18589, folio 110 do libro 302, a nome de Manuel Suárez Noya.

– Predio rexistral 18643, folio 164 do libro 302, a nome de Manuel Súarez Noya.

E a súa inscrición a favor de Miguel Castro García e a súa esposa Placeres Carballeiro Gigirey.

4. Condeno os demandados a estar e a pasar polas anteriores declaracións, e a cumprilas e a executar todo aquilo necesario para o seu máis estrito e exacto cumprimento.

Impóñense as custas aos demandados.

Notifíqueselles ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Para a interposición do dito recurso deberá acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo, mando e asino, Raquel Fernández Rey, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Santiago de Compostela».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a realizar audiencia pública no mesmo día da súa data, dou fe.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado