Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12105

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (519/2008).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, mediante este

Anuncio:

Neste procedemento de divorcio contencioso 519/2008 seguido por instancia de Carlos Soto Feáns fronte a Carmen María Bonilla Almonte ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 142/2011.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2011.

Vistos por min Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, os autos 519/2008 de divorcio contencioso, interposto por Carlos Soto Feáns, representado pola procuradora dos tribunais Raquel Ceinos Real e asistido do letrado Rafael Moreda, contra Carmen María Bonilla Almonte, declarada en situación de rebeldía procesual.

Resolución.

Estímase integramente a demanda interposta por Carlos Soto Feáns, representado pola procuradora dos tribunais Raquel Ceinos Real, contra Carmen María Bonilla Almonte, e declárase disolto por divorcio o matrimonio formado entre Carlos Soto Feáns e Carmen María Bonilla Almonte, con todos os efectos legais inherentes a este pronunciamento.

En relación ás medidas persoais e patrimoniais solicitadas polas partes acórdase o seguinte:

– Atribúese o uso do domicilio conxugal, sito na avenida de Ferrol, 62, portal 2, 1.º A, de Santiago de Compostela, ao demandante Carlos Soto Feáns.

– Declárase disolto o réxime económico matrimonial de sociedade de gananciais.

– Non se realiza expresa imposición de custas.

Firme esta resolución, líbrese exhorto ao Rexistro Civil de Santiago de Compostela para levar a cabo a anotación correspondente.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación. O recurso prepararase mediante escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación, advertindo da necesidade de constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, nos termos indicados na disposición adicional quinta da LOPX.

Así se acorda e asina».

E encontrándose a devandita demandada, Carmen María Bonilla Almonte, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011.

María del Carmen Vázquez Rodríguez
Secretaria xudicial