Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12111

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (498/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Padrón, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Los Ángeles Gas, S.L. fronte a Interiores Lorenzo y García, S.L. ditouse sentenza cuxa para dispositiva é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora Rita Goimil Martínez, en nome e representación da entidade Los Ángeles, Gas, S.L., contra a entidade Interiores Lorenzo y García, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada demandada a aboarlle á parte demandante a suma de 906,360 euros. A dita cantidade xerará os xuros dos artigos 1100 e 1108 do Código civil desde a data de presentación de demanda ata a da presente resolución, a partir da cal se aplicarán os xuros establecidos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento, todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, ás cales se fai saber que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Advírteselles ás partes que a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao preparar o recurso de apelación, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido o dereito a asistencia xurídica gratuíta.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose o dito demandado, Interiores Lorenzo y García, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Padrón, 14 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado