Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de sentenza (171/12 - PO 931/11).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 931/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, vinte e catro de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 931/2011 seguidos por instancia de María del Rosario Rumbo Grela asistida pola súa letrada Sra. Bokser García, contra a empresa Soribar, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por María del Rosario Rumbo Grela asistida pola súa letrada Sra. Bokser García, contra a empresa Soribar, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 10.923,69 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Soribar, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial