Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12122

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (904/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento PO 904/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos n.º 904/2011, promovidos por instancia de Félix Barreiro Hernández, representado pola súa letrada Sra. Fernández García e contra as empresas Red de Servicios e Implantaciones, S.L., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L. e Movimientos de Mercancías, S.L.U. non comparecidos no acto do xuízo, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por Félix Barreiro Hernández, representado pola súa letrada Sra. Fernández García e contra as empresas Red de Servicios e Implantaciones, S.L., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L. e Movimientos de Mercancías, S.L.U. que non comparecen no acto do xuízo, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 5.640 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Red de Servicios e Implantaciones, S.L., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L. e Movimientos de Mercancías, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial